Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.636

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación de sentencia (136/1998).

En Santiago de Compostela a vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Vistos estes autos de xuízo de faltas nº 156/1998 por José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade, dictouse esta resolución con base no que se dirá, na que foron partes Marta Otero García, como denunciante e Manuel Nieto Iglesias, como denunciado.

Antecedentes.

Primeiro.-As actuacións teñen a súa orixe na denuncia que con data do 15 de abril de 1998, puxo a Sra. Otero García ante a comisaría de Santiago de Compostela, e pola cal manifestou que foi moza do Sr. Nieto, e que sufriu deste malos tratos físicos e psíquicos, polo que cortou a relación, aínda que el seguiu atormentándoa con insultos, ameazas e escándalos.

En concreto, dixo que o día anterior ó referido, sobre as 23 horas, compareceu no seu domiclio, comezando a insultala a grandes voces, dicíndolle: «voute matar, voute envolver na túa propia merda, voume autolesionar eu para meterche un marrón» e outras do estilo.

Segundo.-Reputados os feitos como falta, realizouse o xuízo o 24 de novembro de 1998, co resultado que consta, non comparecendo a denunciante, malia ter sido citada previamente para o efecto.

Feitos probados.

Non se proban os feitos ós que se refire a denuncia, que se resumen no antecedente primeiro desta resolucion e que se dan aquí por reproducidos, para evitar repeticións.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Encadrándose as conductas denunciadas no artigo 620 do Código penal, a incomparecencia inxustificada da denunciante, citada en forma legal, creou un óbice de procedibilidade, de tal maneira que debe decretarse a absolución do denun

ciado, en cumprimento do principio acusatorio, que se dá tamén nos xuízos de faltas, como reiterada xurisprudencia do Tribunal Constitucional recoñece.

Segundo.-Non se devengaron custas.

Decisión.

Absolvo a Manuel Nieto Iglesias respecto de responsabilidade penal polos feitos que se lle imputan.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada por José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un, que a dictou constituído en audiencia pública, no día da data. Dou fe.

E para que así conste e sirva de testemuño, expido esta resolución, que asino e selo en Santiago de Compostela, o vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado