Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.636

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (482/1999).

Eu, Lorenzo Villapando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela,

Dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 144/1999 se acordou citar a Luis Mariano Socarras Cabrera e Milagros Obdulia Marín Veiga, para que o vindeiro día 24 de novembro, ás 13.05 horas, comparezan neste xulgado ó xuízo de faltas sinalado para ese día e hora, prevíndoos de que, de non compareceren, recaerán sobre eles os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que conste e lles sirva de citación a Milagros Obdulia Marín Veiga e Luis Mariano Socarras Cabrera, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o catro de novembro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado