Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.635

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (460/1997).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, fai saber que neste xulgado se tramita o xuízo de faltas 460/1997, por lesións, no cal se dictou sentencia con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«En Padrón, vinteoito de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.

Vistos por Dolores Vilar Horta, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta vila e o seu partido xudicial, o presente xuízo de faltas nº 460/1997, por lesións en agresión, no que foron partes, ademais do Ministerio Fiscal que exerceu a acusación pública, como denunciante, Francisco Vázquez Baleirón e, como denunciado, Isaac Ríos Doce, dos que constan as circunstancias persoais nos actos.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Isaac Ríos Doce de responsabilidade penal polos feitos polos que foi denunciado, declarando de oficio as custas deste xuízo. Contra esta sentencia, que

non é firme, poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contado desde a súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial».

E, sendo descoñecido o domicilio de Francisco Vázquez Baleirón, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en forma.

Dado en Padrón o cinco de novembro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado