Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.635

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (645/1998).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, fago saber que neste xulgado se segue xuízo de faltas 645/1998 por lesións, ocorridas en Rois (A Coruña) o día 26 de xuño de 1998, no que aparece como denunciante José Figueroa Chorén e como denunciada María López Castro, dictada providencia no día da data pola xuíza Lamas Méndez, pola que se sinala para a realización do xuízo o vindeiro día 9 de xaneiro de 2000 ás 10.45 horas.

Por ser descoñecido o domicilio da denunciada María López Castro, por este edicto cítase de comparecencia para ante este xulgado o día e a hora sinalados co fin de asistir á realización do xuízo en calidade de denunciada.

Dado en Padrón o 25 de outubro de 1999.

O secretario

Rubricado