Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.635

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (419/1998).

Número 433.

A Coruña, oito de outubro de mil novecentos noventa e nove.

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por Ángel Barrallo Sánchez, presidente, María del Carmen Taboada Caseiro, María José Pérez Pena, maxistradas, pronunciou, en nome de El-Rei, a seguinte sentencia:

«No recurso de apelación civil 191/1999, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña, co nº 419/1998, sobre desafiuzamento por precario, entre partes, dunha e como demandados apelantes, María del Carmen Borjas Barrul, Antonio Barrul Jiménez e Amador Barrul Borjas, defendidos por Souto Roig, e doutra e como demandante apelado, Promociones Bermúdez y López, S.L., representado polo procurador Lousa Gayoso e as demais persoas descoñecidas e incertas ocupantes da vivenda nº 59 de San Pedro de Visma, cos que se entenderán esta e as demais dilixencias nos estrados deste tribunal. Foi relatora a maxistrada Carmen Taboada Caseiro.

Decidimos que, con desestimación dos dous recursos de apelación interpostos contra a sentencia dictada polo maxistrado-xuíz de primeira instancia número nove da Coruña, xuízo de desafiuzamento por precario nº 419/1998, debemos confirmar e confirmamos esta resolución, con imposición á parte apelante das custas causadas por estes recursos.

E expídase a certificación correspondente ó xulgado de procedencia, con devolución dos autos que remitiu.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación ó rolo de apelación civil, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, expido e asino este edicto na Coruña, vintenove de outubro de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado