Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a publicación do acordo de apertura e prego de cargos formulados no expediente sancionador C-15/1999, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Nesta delegación provincial séguese expediente sancionador número C-15/1999, contra Alicia Plaza Soler, titular do establecemento denominado Beirut e a empresa operadora Recreativos Bellón, S.L. por presunta infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, no que se resolveu, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publica-lo acordo de iniciación e o prego de cargos, por resultar descoñecido o domicilio particular de Alicia Plaza Soler, e intentada a notificación no establecemento, non foi posible.

Acordo de apertura.

O director xeral de Interior, por delegación do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais con data do 14 de xuño de 1999, adoptou o seguinte acordo:

1. Incoar expediente sancionador, de acordo co establecido na Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar:

Á empresa operadora Recreativos Bellón, S.L.

A titular do establecemento Alicia Plaza Soler.

2. Nomear instructora e secretario do procedemento respectivamente a:

Margarita Olmo Bosco e José María Díaz Barús.

Prego de cargos.

1. Te-la empresa operadora Recreativos Bellón, S.L., o día 13 de abril de 1999, no establecemento denominado Beirut sito na rúa Cantón de Molíns, nº 8 do concello de Ferrol, do que é titular Alicia Plaza Soler, unha máquina recreativa tipo A modelo A-1737, serie nº A-1044 con guía de circulación nº 687582-M e autorización de explotación C-25238 e unha máquina B-1976, serie nº 95-3387 con guía de circulación nº 1304952 e autorización de explotación C-1038 no momento da inspección é titular Alicia Plaza Soler, que carece de habilitación e figura como titular do establecemento José Sánchez Varela.

2. Tales feitos poderían constituír unha infracción moi grave ou grave tipificada no artigo 28 e seguintes da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, modificada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño, de tributación sobre o xogo.

3. De considerarse como moi grave corresponderíalle segundo o artigo 31 da Lei 14/1985, do 23

de outubro, unha multa de 1.000.001 ata 2.000.000 de pesetas, e de considerarse grave correponderíalle unha multa de 100.001 ata 1.000.000 de pesetas.

O que se lle notifica de acordo co diposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar, dispoñendo o interesado dun prazo de oito días a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que alegue e presente a documentación que coide pertinente na súa defensa, así como solicita-lo recibimento a proba do expediente expresando os puntos de feito sobre os que versará e articulando a proba de que intente valerse. E de conformidade co artigo 13.1º.c) do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, poderá recusa-la instructora e o secretario do procedemento, segundo o recollido no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En cumplimiento do disposto no artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o prazo para resolver e notifica-lo procedemento é de 6 meses, contado desde o acordo de apertura, de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto; e no suposto do vencemento do prazo sen se ter dictado resolución, producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións.

A Coruña, 6 de outubro de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña