Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia, de servicios técnicos para a reimpresión de 50.000 exemplares da Guía do consumidor de peixe fresco.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios técnicos.

Descrición do obxecto: reimpresión de 50.000 exemplares da Guía do consumidor de peixe fresco para a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dezanove millóns setecentas cincuenta mil pesetas (19.750.000 ptas.).

5. Garantías.

Provisional: 395.000 ptas.

Definitiva: 790.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, situada na rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños. 15771 Santiago de Compostela (Teléf.: 981 54 61 44, fax: 981 54 61 38), ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Requisitos espcíficos do contratista.

Clasificación do contratista: non se precisa.

8. Presentación das ofertas:

Data límite de presentación: o prazo límite de presentación das proposicións finaliza ós 13 días, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais correspondentes, antes das 14 horas do día de finalización do prazo contado a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou por correo e na forma prevista polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas e exposición de proposicións.

Será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na sala de xuntas da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do terceiro día, a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

10. Gastos do anuncio.

O importe polos gastos do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1999.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación