Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 6 de outubro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Gómez II.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Gómez II.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Portonovo B Cuad. 10.

Data da concesión: 15-7-1967.

Data na que remata a última prórroga: 15-7-2007.

Anterior concesionario: Ramón Gómez Fuentes, DNI: 35.194.196-X.

Novo titular da concesión: San Martín Ruano e Hijos, S.L., CIF: B-36184430.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Pontevedra, 6 de outubro de 1999.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 20, do 24)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra