Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 218/1999 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14), notifícaselle ás persoas que de seguido se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase seguidamente:

Nome: Koke Vilalba, S.L.

DNI/NIF: B-27206416.

Nº expediente: LU-E 218/1999.

Precepto infrinxido: 23-o) en relación co 26-e) LO 1/1992.

Último domicilio: Cidade de Viveiro, Vilalba.

Multa máxima: ata 5.000.000 de ptas e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Nome: Juan Carlos Fernández Carreiras.

DNI/NIF: 33.999.252.

Nº expediente: LU-E 213/1999.

Precepto infrinxido: 26-e) ou 23-e) en relación co 26-e) LO 1/1992.

Último domicilio: r/ Rego de Foz, 9, As Brasas, Foz.

Multa máxima: ata 50.000 ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Nome: O Verxel C.B. (Manuel A. Otero Ferreiro e Miguel López Rguez.).

DNI/NIF: E-27230101.

Nº expediente: LU-E 224/1999.

Precepto infrinxido: 26-e) ou 23-o) en relación co 26-e) LO 1/1992.

Último domicilio: r/ Duquesa de Alba, 18, Monforte de Lemos.

Multa máxima: ata 50.000 ptas. ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Desígnase instructor do expediente ó xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretaria á xefa de Negociado Inés Docando Casanova, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xusticia, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13-d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Inte

rior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (Diario Oficial de Galicia do 30).

Lugo, 14 de outubro de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo