Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos (681/1998 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial nº 2091/0707/01/3110000025 de Caixa Galicia, urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías 18-1º A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 14 de outubro de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número

expediente

DenunciadoDNI/CIFEnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

681/1998Fernando Fernández Gil35.310.474r/ San Pedro de Mezonzo, nº 46, baixo, Santiago de CompostelaTazzmanía23 f)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

50.001 ptas.

65/1999José Antonio Estévez Estévez76.705.508Travesía de Sixto, nº 1-1º I (Marrozos) Santiago de CompostelaClub Ladys23 o)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

75.000 ptas.

70/1999Manuel García Ojea e Jesús Martínez González, C.B.33-809.545-Mr/ Linneo-Sta. Cristina, OleirosCafetería La Kachanchara26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

10.000 ptas.

Número

expediente

DenunciadoDNI/CIFEnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

85/1999Manuel García Ojea e Jesús Martínez González, C.B.33-809.545-Mr/ Linneo-Sta. Cristina, OleirosCafetería La Kachanchara26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

20.000 ptas.

110/1999José Freire Roca32.405.216Travesía Río Eume, 1-3º, PontedeumeOdeón23 o)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

100.000 ptas.

153/1999Manuel García Ojea e Jesús Martínez González, C.B.33-809.545-Mr/ Linneo-Sta. Cristina, OleirosCafetería La Kachanchara26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

35.000 ptas.

154/1999Rosendo Díaz García32.784.831r/ A Paz, 24-5º, A CoruñaBodega La Peña26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

15.000 ptas.