Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación de Promotores de Energía Eólica de Galicia (Apega), que no sucesivo e, en virtude, da dita modificación, pasará a denominarse Ega-Asociación Eólica de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron presentados, o día 28 de outubro de 1999, os novos estatutos da Asociación Eólica de Galicia (Ega) nos que se recollen as modificacións aprobadas na asemblea xeral extraordinaria o 7 de outubro de 1999, segundo consta na certificación expedida polo secretario da referida asociación, Íñigo Muniozguren Martínez, avalada co visto e prace do seu presidente, Pablo Fernández Castro.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais