Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a convocatoria da poxa de madeira 2/1999.

A Delegación Provincial da Consellería do Medio Ambiente resolve convoca-la poxa de madeira número 2/1999, de acordo coas seguintes características:

1. Obxecto.

A venda dos lotes de madeira que figuran na relación anexa.

2. Fianza provisional.

A que figura na citada relación para cada un dos lotes.

3. Exposición de pregos.

Estarán de manifesto no Servicio de Montes e Industrias Forestais desta delegación (edificio administrativo de Monelos, Praza Luis Seoane s/n-5º

andar-A Coruña), das 9 ás 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

4. Prazo de presentación das proposicións.

Vinteseis (26) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio. Se o día de remate cadra en sábado, o prazo rematará o luns seguinte.

5. Lugar de presentación das proposicións.

No rexistro da delegación provincial (edificio administrativo Monelos 5º andar), na forma legalmente establecida (Art. 100 RXC).

6. Documentación que presentarán os licitadores.

A que se sinala no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de proposicións.

Ás 10 horas do décimo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación das proposicións, que non cadre en sábado. O lugar publicarase no taboleiro de edictos do Servicio de Montes e Industrias Forestais e no rexistro da delegación, desde o día seguinte da publicación deste anuncio.

8. Gastos de publicación.

Por conta dos adxudicatarios.

9. Información sobre esta poxa.

Teléfono: 981 18 46 63.

O adxudicatario, dentro dos vinte (20) días seguintes ó da data da notificación da adxudicación, deberá presenta-los documentos acreditativos e ter depositado:

a) Importe de adxudicación, prezo total do remate.

b) Importe das taxas.

c) Importe dos gastos deste anuncio.

d) Fianza definitiva, 4% sobre o importe da adxudicación, máis unha fianza complementaria do 6% do prezo de adxudicación (artigo 4.2º do Decreto 244/1998, do 24 de xullo).

e) IVE 4,5% sobre o importe da adxudicación.

f) Os demais que se establezan no prego de cláusulas administrativas particulares do aproveitamento.

A Coruña, 19 setembro de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña