Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 8 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de reestructuración do aproveitamento hidroeléctrico do Pindo (río Xallas), situado no municipio de Cee (provincia da Coruña) e promovido por Ferroatlántica, S.L.

Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG nº 203, do 20 de outubro de 1999, cómpre face-la seguinte corrección:

Onde di: «Cee», debe dicir: «Dumbría».

NOTA: o prazo de vinte días para formular alegacións contarase a partir do día seguinte ó da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia, para tódalas dependencias nas que está exposto o estudio de efectos ambientais do proxecto.