Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.585

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión negociadora do convenio colectivo para o persoal laboral ó servicio do Concello de Xinzo de Limia.

Visto o texto da acta levantada pola comisión negociadora do convenio colectivo para o persoal laboral ó servicio do Concello de Xinzo de Limia (código convnio nº 3200842, publicado no DOG nº 163, do 24-8-1999) de Ourense, en desenvolvemento e de conformidade co establecido nos artigos 14.3º, 14.4º, 14.5º e 14.6º do citado convenio, con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 28-9-1999, subscrito en representación da parte económica, concello, e, da parte social, comité de empresa, o día 26-7-1999, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia

de traballo, a delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación á representación económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 18 de outubro de 1999.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta da comisión negociadora do convenio

colectivo para o persoal laboral ó servicio

do Concello de Xinzo de Limia

Polo Concello:

Alcalde-presidente: Gonzalo Iglesas Sueiro.

Concelleiros: Xesús Celestino Losada Lage e María do Carme Sobrado Bernárdez.

Comité de empresa:

Secretario: Jesús Casasola Martínez.

Vocais: Jesús Fariñas Diz, Anxo Santana Álvarez e Anxo López Alonso.

Asesores:

Sindicatos: Benxamín Vences Veiga (CC.OO.) e M. Anxo García Torres (CIG).

En Xinzo de Limia, nos locais do concello reúnese a comisión negociadora e toma os acordos que a seguir se relacionan:

Primeiro.-Aproba-la normativa que regula a convocatoria (texto adxunto) para a elaboración das listas de provisión temporal de postos de traballo no Concello de Xinzo de Limia, consonte o establecido no artigo 14.3º e 14.5º do convenio colectivo para persoal laboral ó servicio do Concello de Xinzo de Limia (BOP do 15 de xullo de 1999).

Segundo.-Aproba-lo baremo de méritos polo que se rexerán as contratacións de persoal, consonte o disposto no artigo 14.4º do convenio colectivo.

Terceiro.-Aproba-las instancias e prazos de presentación destas, consonte o establecido no artigo 14.6º do convenio colectivo.

Cuarto.-Presentar este acordo ó Plenario do Concello para a súa aprobación.

Quinto.-Depositar este acordo na Delegación de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para a súa posterior publicación no BOP e no DOG, como parte integrante do convenio.

En Xinzo de Limia, 26 de xullo de 1999.

Rubricado.

Normativa pola que se regula a convocatoria

e elaboración das listas para a provisión temporal

de postos de traballo no Concello

de Xinzo de Limia

Norma 1ª.-Obxecto.

O obxecto desta normativa é regula-la convocatoria e elaboración de listas con aquelas persoas interesadas na cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo dos grupos e categorías da Administración do Concello de Xinzo de Limia, que se especifican no anexo I, nos que a súa cobertura se considere de urxente necesidade, mentres non sexan ocupadas polo correspondente persoal fixo; en desenvolvemento e de conformidade co establecido no convenio colectivo para o persoal laboral ó servicio do Concello de Xinzo de Limia (artigos 14.3º, 14.4º, 14.5º e 14.6º).

Norma 2ª.-Listas.

Para cada grupo e categoría dos que figuran no anexo I elaborarase unha lista, de acordo co disposto no convenio colectivo para o persoal laboral ó servicio do Concello de Xinzo de Limia.

Cada interesado/a poderá presentar solicitude para ser incluído nunha ou máis listas. A súa orde de prelación virá dada pola puntuación obtida de acordo co baremo. Unha vez chamado para prestar servicios nunha das listas elixidas e logo da aceptación do posto de traballo, será excluído das demais listas.

Norma 3ª.-Solicitudes, apertura da convocatoria e prazos.

3.1. As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse á comisión de selección de contratacións laborais temporais do Concello de Xinzo de Limia (Concello de Xinzo de Limia. R/ Curros Enríquez, s/n) e axustaranse ó modelo que se inclúe nesta convocatoria.

3.2. A apertura da convocatoria e o prazo para a presentación de solicitudes serán os 30 días hábiles seguintes contados desde a publicación desta normativa no BOP e poderanse formular perante o rexistro xeral do Concello de Xinzo de Limia.

Teléfono de información: 988 46 24 24.

Norma 4ª.-Requisitos.

Os solicitantes deben reuni-los requisitos que para cada grupo e categoría se determinan no anexo I.

Os devanditos requisitos deben posuílos o último día do prazo para a presentación de solicitudes.

Así mesmo, terán que acreditar no momento no que acepten o posto de traballo que se lles oferte:

-Ter cumpridos 18 anos.

-Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desenvolvemento das correspondentes funcións.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Estar en posesión do título esixido para o grupo e categoría á que se accede. No suposto de que non acrediten estes requisitos, os solicitantes decaerán en tódolos seus dereitos e quedarán excluídos da lista.

Norma 5ª.-Documentación.

Xunto coa solicitude deberán presentar as seguintes fotocopias cotexadas: DNI, cartilla da Seguridade Social, informe de vida laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social ou certificación negativa de vida laboral, declaración da renda ou certificación negativa da declaración da renda.

Os méritos que invoquen os interesados e que, de acordo co baremo previsto, desexen que se lles teñan en conta, así como o cumprimento dos requi

sitos esixidos para cada grupo e categoría que se solicite, acreditaranse debidamente por medio de documentos orixinais ou fotocopias destes que se presentarán cotexadas, fidedignamente, debendo numerarse de acordo co modelo anexo, significándose que non se valorarán aqueles méritos que pola comisión se considere que non estiveran suficientemente acreditados.

Os méritos admisibles e valorables serán unicamente os causados ata a data da publicación desta convocatoria.

Norma 6ª.-Elaboración das listas.

6.1. A comisión de selección para a cobertura temporal de postos de traballo reservados ó persoal laboral, a que se refire o artigo 14.3º B1) do convenio colectivo, será a encargada de elabora-las listas correspondentes. A petición da comisión de selección, poderán nomearse comisións colaboradoras e as súas funcións serán participar na aplicación do baremo ós méritos alegados polos interesados/as. En tódalas deliberacións da comisión de selección poderán estar presentes, con voz e sen voto, os asesores sindicais dos representantes legais dos traballadores/as.

6.2. Unha vez elaboradas as listas, o Concello de Xinzo de Limia publicará no BOP, DOG e tres medios de comunicación de ámbito provincial o anuncio da exposición destas nos taboleiros de anuncios do Concello de Xinzo de Limia.

-Por servicios prestados no Concello de Xinzo de Limia na mesma categoría á que se pretende acceder: 0,25 puntos/mes. (Informe de vida laboral).

-Por cada mes de servicios prestados noutras administracións públicas na mesma categoría e referidos ós últimos 5 anos: 0,15 puntos/mes. (Informe de vida laboral e certificado de servicios prestados para esa administración ou contratos cotexados).

-Por cada mes de servicios prestados nas empresas privadas na mesma categoría e referidos ós últimos 5 anos: 0,05 puntos/mes.(Informe de vida laboral e certificado de servicios prestados para esa empresa).

A suma da puntuación destes tres puntos non poderá exceder de 15 puntos.

-Por cada curso de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas administracións públicas, universidade, INEM, Forcem ou sindicatos e relacionado coas funcións propias da categoría (máximo 2 puntos):

De 40 a 100 horas: 0,10 puntos por curso.

De 100 horas en adiante: 0,20 puntos por curso.

-Por posuír unha titulación académica distinta e independente da requirida na convocatoria como requisito imprescindible para o acceso:

a) Título de doutor: 2,00 puntos.

b)Título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 1,50 puntos.

c) Título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico ou equivalente: 1,00 puntos.

d) Título de bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente: 0,50 puntos.

e) Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente: 0,25 puntos.

Só se computará a titulación de máis nivel das alegadas.

-Polo coñecemento acreditado do idioma galego (só se valorará o grao superior alegado):

a) En grao de iniciación: 0,5 puntos.

b) En grao de perfeccionamento: 0,75 puntos.

c) Curso de especialización: 1 punto.

6.3. Os chamamentos realizaranse prelativamente, de acordo cos méritos baremados, por medio de telegrama. De non obterse resposta no prazo de 72 horas hábiles, chamarase ó seguinte da lista e o aspirante decaerá no seu posto ata o final da lista.

6.4. A partir da publicación das listas, quedarán sen efecto calquera das anteriores que puideran existir.

6.5. A apertura de novas listas realizarase cada catro anos. Cando nunha categoría se considere a necesidade de incluír novos aspirantes na lista xa aberta, reunirase previamente a comisión de control do convenio para os efectos de estudiar e, se é o caso, aproba-lo tema.

De ser necesaria a apertura de novas listas por grupos e categorías, das definidas no anexo I, realizaraa a comisión de control do convenio.

Norma 7ª.-Baremo de méritos.

a) Circunstancias persoais:

-Residencia habitual, cun mínimo de 6 meses de antigüidade, no concello de Xinzo de Limia (acreditada por medio de certificado municipal): 2 puntos.

-Residencia habitual, cun mínimo de 6 meses de antigüidade, en calquera dos demais concellos da mancomunidade da Limia (acreditada por medio de certificado municipal): 0,5 puntos.

-Por cada mes acreditado como desempregado, por medio do correspondente informe de vida laboral

emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social: 0,01 puntos (máximo 1 punto).

-Por cada persoa ó seu cargo, sen ingresos, que conviva no domicilio do solicitante, cun mínimo de 6 meses de convivencia: 1 punto (máximo 2 puntos). (Copia da declaración da renda, informe de vida laboral emitido pola TXSS, certificado municipal de convivencia).

-Por minusvalidez do solicitante compatible co posto de traballo, superior ó 33%: 1 punto. (Certificado de grao de minusvalidez emitido pola Área de Servicios Sociais da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais).

-Por minusvalidez dalgunha das persoas que vivan ó seu cargo, ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade, cun mínimo de 6 meses de convivencia: 0,5 puntos. (Certificado de grao de minusvalidez emitido pola Área de Servicios Sociais da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, declaración da renda, informe de vida laboral, certificado de convivencia municipal).

-Por tratarse do 1º emprego ó que o aspirante opta: 2 puntos. (Informe de vida laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social).

b) Experiencia profesional e méritos académicos:

Só se concederá validez, polo que á acreditación do galego se refire, ós cursos e titulación homologados pola Xunta de Galicia.

De producirse empate na puntuación, acudirase para dirimilo á maior experiencia profesional, pola orde prelativa establecida neste baremo (1º Concello de Xinzo de Limia, 2º outras administracións, 3º empresa privada). De persisti-lo empate acudirase á suma global das circunstancias persoais e en último termo, á maior idade do solicitante.

Norma 8ª.-Interpretación e normativa supletoria.

A interpretación destas normas corresponde á comisión de control do convenio colectivo para o persoal laboral ó servicio do Concello de Xinzo de Limia. A normativa supletoria é a disposta para o mesmo asunto pola Xunta de Galicia no seu convenio e decretos de desenvolvemento.

En Xinzo de Limia, 26 de xullo de 1999.

Rubricado.

ANEXO I

CategoríaGrupoTitulaciónOutros requisitos esixidos

1Arquitecto1 ou ALicenciado en arquitecturaCarné conducir B

2Técnico superior educación física1 ou ALicenciado educación físicaCarné conducir B

3Profesor educación infantil2 ou BDiplomado EXB (especialidade educación infantil)

4Asistente social2 ou BDiplomado traballo socialCarné conducir B

5Técnico medio desenvolvemento rural2 ou BDiplomados en relacións laborais, económicas, empresariais, Lcdo. en xeografía ou Lcdo. en dereitoCarné conducir B

CategoríaGrupoTitulaciónOutros requisitos esixidos

6Arquitecto técnico2 ou BEnxeñería técnica de arquitecturaCarné conducir B

7Técnico especialista en educación infantil3 ou CFP2-Técnico especialista en xardín de infancia

8Administrativo3 ou CBacharelato, FP2 ou equivalente

9Delineante3 ou CFP2 DelineaciónCarné conducir B

10Encargado xeral3 ou CBacharelato, FP2 ou equivalenteCarné conducir C

11Encargado/capataz de brigada3 ou CBacharelato, FP2 ou equivalenteCarné conducir C

12Técnico especialista en desenvolvemento rural3 ou CBacharelato, FP2 ou equivalenteCarné conducir B

13Técnico especialista en arquivos e bibliotecas3 ou CBacharelato, FP2 ou equivalenteCarné conducir B

14Técnico especialista en animación sociocultural3 ou CBacharelato, FP2 ou equivalenteCarné conducir B

15Oficial de oficios varios4 ou DGraduado escolar, FP1 ou equivalenteCarné conducir B

16Oficial electricista4 ou DGraduado escolar, FP1 ou equivalenteCarné conducir B + carné instalador electricidade

17Conductor4 ou DGraduado escolar, FP1 ou equivalenteCarné conducir C

18Auxiliar administrativo4 ou DGraduado escolar, FP1 ou equivalente

19Auxiliar axuda a domicilio4 ou DGraduado escolar, FP1 ou equivalenteCarné conducir B

20Animador sociocultural4 ou DGraduado escolar, FP1 ou equivalenteCarné conducir B

21Ordenanza5 ou ECertificado de estudios primarios ou equivalente

22Socorrista5 ou ECertificado de estudios primarios ou equivalenteTítulo oficial de socorrista

23Peón de servicios varios5 ou ECertificado de estudios primarios ou equivalente

24Limpador/a5 ou ECertificado de estudios primarios ou equivalente

Apelidos e nome:

DNI:

Sinalar na columna da esquerda cunha aspa (x) os que se aleguen e uni-los certificados ou xustificantes oportunos, segundo as bases publicadas.

I. Circunstancias persoais.

q Residencia habitual no concello de Xinzo de Limia.

q Residencia habitual nos demais concellos da Limia.

q Estar desempregado.

q Por persoa a cargo, sen ingresos, que conviva co solicitante.

q Por minusvalidez do solicitante compatible.

q Por minusvalidez de persoas a cargo do solicitante.

q Por tratarse do primeiro emprego ó que o aspirante opta.

II. Experiencia profesional e méritos académicos.

q Por servicios prestados no Concello de Xinzo de Limia na mesma categoría á que se pretende acceder.

q Por cada mes de servicios prestados noutras administracións na mesma categoría (5 últimos anos).

q Por cada mes de servicios prestados nas empresas privadas na mesma catgoría (5 últimos anos).

q Por cada curso de formación ou perfeccionamento relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

q De 40 a 100 horas:

q De 100 horas en adiante:

q Por posuír unha titulación académica distinta da requirida.

q a) Título de doutor.

q b) Título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente.

q c) Título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico ou equivalente.

q d) Título de bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente.

q e) Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente.

q Polo coñecemento acreditado do idioma galego.

q a) En grao de iniciación.

q b) En grao de perfeccionamento.

q c) Curso de especialización.

ANEXO II

SOLICITUDE DE COBERTURA TEMPORAL DE POSTOS DE TRABALLO

PARA O CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

I. Datos do solicitante.

Apelidos:

Nome:

DNI:

Enderezo:

Poboación:

Concello:

Teléfono:

Nº S. Soc.:

II. Solicita a súa inclusión na seguinte lista para a cobertura de postos de traballo con carácter temporal, ó abeiro da convocatoria aprobada polo Pleno do Concello.

Grupo do convenio:

(señalar cun x)

Categoría:

IIIIIIIVV

III. O/a solicitante declara que non lle afectan as incompatibilidades recollidas na convocatoria para a contratación temporal co Concello de Xinzo de Limia.

IV. Documentación que achega.

Relatorio de méritos que alega: anexo III.

Xustificantes requiridos dos méritos alegados.

Títulos académicos e profesionais requiridos.

Fotocopias cotexadas do DNI, da declaración da renda, informe de vida laboral da TXSS ou certificacións negativas da AEAT e TXSS.

En Xinzo de Limia, ... de... de 1999.

Sinatura

Presidente da comisión de selección de contratacións laborais temporais do Concello de Xinzo de Limia

DECLARACIÓN DE VERACIDADE

(NORMA 4ª DA NORMATIVA POLA QUE SE REGULA

A ELABORACIÓN DE LISTAS)

..., maior de idade, con DNI nº... e enderezo en... do concello de...; perante a comisión de selección de contratacións laborais temporais do Concello de Xinzo de Limia.

Declaro:

I. Que non estou separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin inhabilitado/a por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

II. Que no padezo enfermidade nin estou afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desenvolvemento do traballo ó que opto.

En Xinzo de Limia, ... de... de 1999.

Asinado

Nota: coa sinatura desta declaración doume por sabedor de que o falseamento de calquera dos seus puntos implica a nulidade da eventual contratación.