Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.436

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 12 de novembro de 1999 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios prestados polo persoal do Hospital do Meixoeiro de Vigo durante a folga que se levará a efecto desde as 22 horas do día 16 de novembro ata as 22 horas do día 17 de novembro de 1999.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1998, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño de 1998), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servicios esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

Convocada folga que afecta o persoal do Hospital do Meixoeiro de Vigo, que se levará a efecto desde as 22 horas do día 16 de novembro ata as 22 horas

do día 17 de novembro de 1999, oído o comité de folga, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

A folga convocada desde as 22 horas do día 16 de novembro ata as 22 horas do día 17 de novembro de 1999 que afecta o persoal do Hospital do Meixoeiro de Vigo, enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos que se establecen no anexo desta orde.

Os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios da institución sanitaria, en evitación de que se produzan graves prexuízos ós usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga, coa atención ós usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

E por iso, mantéñense os servicios mínimos necesarios para garanti-la asistencia imprescindible ós pacientes hospitalizados, así como a atención urxente ós usuarios, que non pode aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

Entrando na análise pormenorizada dos servicios mínimos, establécense os criterios rectores de determinación destes, que se corresponden cos asinados coas centrais sindicais con motivo das folgas anteriores. Estes criterios rectores explicítanse do seguinte xeito:

Persoal facultativo:

1. Cobertura do 100% da actividade urxente nun dobre ámbito:

-Servicios de urxencias e gardas médicas.

-Quirófanos urxentes para a atención dos usuarios que, ó ingresaren, requiran intervención cirúrxica inaprazable.

2. Cobertura da actividade cirúrxica dos pacientes hospitalizados, respecto ás patoloxías que poñan en perigo a vida destes ou agraven o seu estado de saúde.

3. Na área de hospitalización, establecerase o número necesario para garanti-las visitas médicas, a atención indefectible dos pacientes hospitalizados e as altas clínicas.

4. No ámbito das consultas, atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, así como as interconsultas dos pacientes hospitalizados que o requiran, por criterio do facultativo. Así mesmo, atenderanse as consultas dos pacientes desprazados.

5. Unidades especiais:

Coidados críticos: o mesmo que para un domingo ou festivo.

Diálise: o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes afectados.

Persoal sanitario non facultativo:

1. Cobertura do 100% da actividade urxente nun dobre ámbito:

-Servicios de urxencias.

-Quirófanos urxentes e programados para a atención dos usuarios que, ó ingresaren, requiran intervención cirúrxica inaprazable.

2. Cobertura da actividade cirúrxica dos pacientes hospitalizados respecto ás patoloxías que poñan en perigo a vida destes ou agraven o seu estado de saúde.

3. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes hospitalizados en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

4. No ámbito das consultas establecerase o número necesario para garanti-la atención ás consultas especializadas consideradas como urxentes ou preferentes, así como as ambulatorias.

5. No ámbito dos servicios centrais, garantirase a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós pacientes hospitalizados que, por criterio do facultativo, sexan necesarias.

6. Unidades especiais:

Coidados críticos: o mesmo que para un domingo ou festivo.

Diálise: o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes afectados.

Persoal non sanitario:

1. Servicio de admisión: un número equivalente ó dos domingos ou festivos.

Secretaría de planta, o número necesario para garanti-la atención das altas clínicas.

Cita previa: un número de efectivos que garanta a atención ó paciente que o requira ata un máximo do 30% do cadro de persoal.

Atención ó paciente: un número de efectivos que garanta a atención ó paciente que o requira, ata un máximo do 30% do cadro de persoal.

2. Servicio de mantemento:un número equivalente ós domingos e festivos.

3. Servicios de lavandería: ata un 50% do cadro de persoal.

4. Servicio de hostalería: un número mínimo en equivalencia cos domingos ou festivos.

Lencería: o número necesario para garanti-la atención ós pacientes hospitalizados, cun mínimo en todo caso dun efectivo.

Telefonistas: un número equivalente ós festivos de xeito que se garanta a debida atención ós usuarios.

6. Servicios administrativos:

Dirección-información e control de xestión: un efectivo por cada servicio.

Persoal: 40% dos efectivos.

Subministracións: 25% dos efectivos.

Almacén: 25% dos efectivos.

Xestión económica: 25% dos efectivos.

Contratación administrativa: 1 efectivo.

Rexistro: 1 efectivo.

6. Conductores: o mesmo número do cadro de persoal dos domingos ou festivos cun mínimo en todo caso do 50%.

7. Celadores:

De servicios xerais: un número equivalente ós domingos e festivos.

De urxencias: un 100%.

De quirófano: un número necesario para a cobertura da actividade cirúrxica dos pacientes hospitalizados respecto das patoloxías que poñan en perigo a vida destes ou agraven o seu estado de saúde.

Con tales premisas determínase no anexo desta resolución, por grupos profesionais, o número de servicios mínimos do persoal afectado.

Artigo 2º

A designación nominal, con carácter rotatorio, do persoal que deberá cubri-los distintos servicios será determinada polo director-xerente do centro, procedéndose á súa publicación nos taboleiros de anuncios do centro de traballo.

Artigo 3º

Os prazos e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos determinados no anexo serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo).

Artigo 4º

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1999.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

PERSOAL FACULTATIVO

Facultativos de urxencias o 100%

Facultativos de garda o 100%

ServiciosS. mínimos

Nº Efect.

Análises clínicas 2

Anatomía patolóxica 1

Anestesia 5

Aparello dixestivo 1

Cardioloxía 2

Cirurxía xeral 3

Cirurxía plástica 2

Endocrinoloxía 1

Farmacia 2

Xeriatría 1

Xinecoloxía 3

Hematoloxía 2

Inmunoloxía 1

Medicina interna 2

Medicina nuclear 1

Medicina preventiva 1

Microbioloxía 1

Nefroloxía 1

Pneumoloxía 2

Neurofisioloxía 1

Neuroloxía 2

O.R.L. 2

Oftalmoloxía 2

Oncoloxía 1

Psiquiatría 1

Radioloxía 3

Rehabilitación 1

Reumatoloxía 1

Traumatoloxía 4

U.C.I. 2

Uroloxía 3

Total57

PERSOAL SANITARIO NON FACULTATIVO

CategoríaMañáTardeNoite

de efectivos

ATS/DUE673931137

Técnicos especialistas215430

Fisioterapeutas4004

Aux. de enfermería573619112

Total1498054283

PERSOAL NON SANITARIO

ServicioMañáTardeNoite

de efectivos

Admisión22 Aux. Adtvo.5 Aux. Adtvo.1 Aux. Adtvo.28

Persoal3 Aux. Adtvo.003

Xestión ecónomica2 Aux. Adtvo.002

Hostalería1 Aux. Adtvo.

6 lavandeiras

15 pasadoras de ferro

1 gobernante

1 telefonista

6 lavandeiras

15 pasadoras de ferro

1 gobernante

1 telefonista

1 telefonista48

ServicioMañáTardeNoite

de efectivos

Mantemento1 Pers. de oficio1 Pers. de oficio02

Subministracións almacén2 Aux. Adtvo. Subm.

1 Aux. Adtvo. almacén

2 celadores almacén

1 conductor

1 celador07

Rexistro1 Aux. Adtvo.001

Contratación Adtva.1 Aux. Adtvo.001

Persoal subalterno23 celadores16 celadores10 celadores49

Xerencia1 Aux. Adtvo. dirección

3 azafatas

1 Aux. Adtvo. control xestión

2 azafatas07

Total884812148