Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.435

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 19 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1999.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO

Tracey Moffatt: 1.500 ptas.

Rafael Baixeras: 3.500 ptas.

Robert Mangold: 3.500 ptas.

Humberto Rivas: 1.500 ptas.

Las Hurdes. Un documental de Luis Buñuel: 500 ptas.

Do impresionismo ó fauvismo: a pintura do cambio de século en París, col. Carmen Thyssen Bornemisza: 3.500 ptas.

Minimal-Maximal: 3.500 ptas.