Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.424

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de novembro de 1999 pola que se suprimen ou modifican centros públicos de educación infantil, primaria e integrados no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Examinados os expedientes e os correspondentes informes das delegacións provinciais desta consellería na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Tendo en conta que o artigo 31 do Estatuto de autonomía e o artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23) establecen que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Suprimir ou modifica-los centros que figuran no anexo.

Contra a presente disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria