Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.424

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

MINISTERIO DE XUSTIZA

REAL decreto 1703/1999, do 29 de outubro, polo que se nomea presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a Jesús Souto Prieto.

Por proposta do Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, na súa reunión do día 20 de outubro de 1999, e de conformidade co disposto nos artigos 127.4, 336 e concordantes da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial,

Nomeo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a Jesús Souto Prieto, presidente da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en vacante producida por xubilación de José Ramón Vázquez Sandes.

Dado en Madrid o vintenove de outubro de mil novecentos noventa e nove.

Juan Carlos R.

Rubricado

Margarita Mariscal de Gante y Mirón

Ministra de Xustiza