Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 11 de novembro de 1999 Páx. 13.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1999 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Muras II.

Examinado o expediente instruído a pedimento de Sistemas Energéticos Muras, S.A. (Semu, S.A.), con

enderezo para efectos de notificacións en Avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A, 15705 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Muras II, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 21 de novembro de 1998, Luis Caamaño Martínez, en nome e representación de Semu, S.A. solicitou a autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Muras II, de 24,42 mW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto, coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, someteuse a información pública por Resolución do 18 de marzo de 1999, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa citado, 2619/1996, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, tamén mencionado. A citada resolución publicouse no BOP de Lugo o 20 de abril de 1999; no diario El Progreso, o 15 de abril de 1999 e no DOG do 14 de abril de 1999 e déuselles coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Terceiro.-O 7 de outubro de 1999, a Dirección Xeral de Industria desestimou as alegacións presentadas polos interesados e resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas características básicas seguintes:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

X Y

Muras IIMuras, Ourol0.606.500 4.821.250

0.608.250 4.821.250

0.608.500 4.820.750

0.607.250 4.820.250

0.607.000 4.820.000

0.607.000 4.819.000

0.606.750 4.818.750

0.606.750 4.817.750

0.606.000 4.816.250

0.606.000 4.815.750

0.606.750 4.815.000

0.607.000 4.815.000

0.607.000 4.814.250

0.606.250 4.814.250

0.605.250 4.815.250

0.605.250 4.816.250

0.606.000 4.817.750

0.606.000 4.820.750

Nº de aeroxeradores: 37.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Potencia total instalada: 24,42 mW.

Producción anual estimada: 80.425 mWh/ano.

Investimento previsto: 2.933.032.449 ptas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 212/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do parque eólico Muras II, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, de se-lo caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da citada data.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 1999.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio