Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 11 de novembro de 1999 Páx. 13.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ANUNCIO do 2 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, de notificación a Ramón Sánchez-Dopico Rey, como representante da empresa Natural Cook, S.L., da incoación do procedemento de revogación da axuda concedida para o proxecto titulado Instalación de industria elaboradora de callos precociñados e conxelados, por incumprimento das condicións da resolución de concesión.

Intentada notificación no último domicilio coñecido e ó non poder practicarse ó ser devolta polo

servicio de correos, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, mediante anuncios no taboleiro de edictos do Concello de Bergondo e no Diario Oficial de Galicia, o seguinte:

A Dirección Xeral de Industrias e Alimentación está a inicia-lo procedemento de revogación da axuda concedida ó abeiro da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 8 de setembro de 1995, sobre o procedemento de xestión das axudas comunitarias relativas á mellora das condicións de transformación e comercialización de productos agrarios e silvícolas, a favor da empresa Natural Cook, S.L., (Expd. C-95-866-96), da que é representante Ramón Sánchez-Dopico Rey.

A axuda foi concedida por resolución con data do 14 de marzo de 1997, aprobándose unha subvención de 6.967.777 ptas., correspondentes ó 47% do investimento considerado subvencionable, que foi de 14.825.057 ptas., consistindo o proxecto aprobado na instalación dunha industria elaboradora de callos precociñados e conxelados, no polígono industrial de Bergondo, establecendo a propia resolución como data límite para a presentación da xustificación dos investimentos o 31 de outubro de 1997.

Transcorrido amplamente este prazo, sen que o interesado presentase documentación ningunha malia serlle requirido desde o Servicio Provincial de ICA da Coruña, esta dirección xeral, de acordo co previsto nas letras b) e c) do artigo 9.1º da citada orde, comunícalle ó interesado a incoación do procedemento de revogación da axuda concedida, por incumprimento do previsto nas cláusulas I.4 e II.2 da resolución de concesión e do establecido no artigo 7.1º da devandita orde.

Así mesmo, outórgaselle un prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación ou exposición no taboleiro municipal de anuncios, tomándose para o inicio do cómputo o derradeiro entre eles, para que formule as alegacións e presente a documentación e xustificacións que considere pertinentes, de conformidade co artigo 84 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Previo á realización deste trámite pode o interesado, se o cre conveniente, examina-lo expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, San Caetano s/n, Santiago de Compostela, en horario de atención ó público, das 9 h ás 14 h.

Transcorrido o citado prazo sen presentar alegacións, o contido da iniciación do procedemento de revogación será considerado proposta de resolución.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 1999.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación