Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de pesca fluvial OU 16/99P e OU 105/99P (pesca-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151 do 5 de agosto) e ó seu Regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106 do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia número 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza desta resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999,

de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 6 de outubro de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 16/99P.

Denunciado: Óscar Rodríguez Pérez.

DNI: 76.724.401.

Último enderezo coñecido: A Moa, s/n, A Pobra de Trives (Ourense).

Feito probado: pescar con cana ou outras artes autorizadas en época de veda.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.8º da Lei de pesca fluvial.

Calificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Expediente: OU 105/99P.

Denunciado: Víctor Manuel Vidal Núñez.

DNI: 76.724.401.

Derradeiro enderezo coñecido: A Moa, s/n, A Pobra de Trives (Ourense).

Feito probado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Calificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.