Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación do expediente sancionador por infracción da Lei de pesca fluvial OU 152/99P e dous máis (pesca-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan a incoacción do expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151 do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106 do 4 de xuño).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam López Areal, funcionaria desta delegación; o réxime

de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa, e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme ó establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 6 de outubro de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 152/99P.

Denunciado: José Benito Soto del Río.

DNI: 34.382.043-X.

Último enderezo coñecido: r/ Antonio Puga, 41-2º I. (Ourense).

Feito denunciado: pescar dúas troitas de dimensións inferiores ás legais.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: multa de 5.000 pesetas.

Instructora: Miriam López Areal.

Expediente: OU 173/99P.

Denunciado: José Antonio Regueiro Otero.

DNI: 34.918.522.

Último enderezo coñecido: r/ Emilia Pardo Bazán, 3-1º D. (Ourense).

Feito denunciado: ceba-las augas con fins de pesca.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.14º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: multa de 50.001 pesetas e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Instructora: Miriam López Areal.

Expediente: OU 179/99P.

Denunciado: Manuel Oliveira da Rocha.

DNI : X-2457230-W.

Último enderezo coñecido: Fonte Santa, s/n, Melón. (Ourense).

Feito denunciado: pescar sen porta-la licencia de pesca.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.1º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: multa de 5.000 pesetas.

Instructora: Miriam López Areal.