Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan (clave OH.236.415 e seis máis).

A) Obra.

1. Abastecemento a núcleos de Valga-primeira fase. (Valga-Pontevedra).

Clave: OH.236.415.

Orzamento: sesenta e un millóns vintecatro mil seiscentas vinteúnha pesetas (61.024.621 ptas., equivalentes a 366.765,359 euros).

Prazo de execución: 30 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Abastecemento de auga núcleos de Catoira-primeira fase. (Catoira-Pontevedra).

Clave: OH.236.406.

Orzamento: setenta e dous millóns cincocentas corenta e unha mil cento oitenta pesetas (72.541.180 ptas., equivalentes a 435.981,272 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. E.D.A.R. de Santa Marta. (Ortigueira-A Coruña).

Clave: OH.315.459.

Orzamento: douscentos cincuenta e sete millóns oitocentas corenta mil cincocentas sesenta e seis pesetas. (257.840.566 ptas., equivalentes a 1.549.653,012 euros).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d. Grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Abastecemento e saneamento en varios núcleos de Lobeira. (Lobeira-Ourense).

Clave: OH.532.357.

Orzamento: vintecatro millóns oitocentas cincuenta e dúas mil catrocentas setenta e sete pesetas (24.852.477 ptas., equivalentes a 149.366,395 euros).

Prazo de execución: 16 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Abastecemento e saneamento en Pazos. (Verín-Ourense).

Clave: OH.532.361.

Orzamento: vintenove millóns oitocentas doce mil novecentas quince pesetas (29.812.915 ptas., equivalentes a 179.179,228 euros).

Prazo de execución: 16 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

6. Urbanización para o acondicionamento da ribeira do río Miño ó seu paso por Santa Mariña. (As Neves-Ourense).

Clave: OH.436.432.

Orzamento: cincuenta e nove millóns sete mil novecentas trinta e catro pesetas (59.007.934 ptas., equivalentes a 354.644,826 euros).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 5, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

7. Acondicionamento integral das ribeiras do Corgo e A Rola. (Muíños-Ourense).

Clave: OH.432.358.

Orzamento: oitenta e tres millóns setecentas cincuenta mil pesetas (83.750.000 ptas., equivalentes a 503.347,637 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 5, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de intesese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (modificado polo artigo 77 da Lei 66/1997, do 30 de decembro; BOE do 31 de decembro), e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día vintenove (29) de novembro de 1999.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día nove (9) de decembro de 1999.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. «Constitución e funcionamento da mesa», do prego de cláusulas administrativas particulares.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1999.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia