Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 4 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de pesca fluvial OU 300/98P e catro máis (pesca-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e ó seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia número 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza desta notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade con previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 4 de outubro de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente: OU 300/98-P.

Denunciado: Rui Manuel Martins Pereira.

DNI: 11.666.589.

Último enderezo coñecido: Ventosa. Vieira do Minho (Portugal).

Feito probado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

-Expediente: OU 301/98-P.

Denunciado: José Ángel Pereira Lobo.

Último enderezo coñecido: Ventosa. Vieira do Minho (Portugal).

Feito probado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

-Expediente: OU 8/99-P.

Denunciado: Eusebio da Costa Macedo.

DNI: 10.649.249.

Último enderezo coñecido: Portela das Cabras. Vilaverde (Portugal).

Feito probado: ceba-las augas con fins de pesca.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.14º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

-Expediente: OU 22/99-P.

Denunciado: Avelino dos Santos Rodríguez.

DNI: 11.673.118.

Último enderezo coñecido: Caires. Amares (Portugal).

Feito probado: ceba-las augas con fins de pesca.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.14º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

-Expediente: OU 53/99-P.

Denunciado: Pedro Sergio Couto Correia.

DNI: 12.569.857.

Último enderezo coñecido: Soutelo. Vilaverde (Portugal).

Feito probado: pescar con dúas canas, unha a 25 metros do pescador.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.3º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: leve.

Sanción: 10.000 ptas.