Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 09 de novembro de 1999 Páx. 13.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1999 pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de montes MP-150/98-C.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no

anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei de montes do 8 de xuño de 1957.

1. Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición, con carácter potestativo, perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, citada, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que coide pertinente.

2. O importe da sanción deberá ser ingresado no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que a resolución sexa firme, na conta número 2091.0388.90.3110001181 de recadación de multas e sancións que o Servicio de Montes e Industrias Forestais ten aberta na Caixa de Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constriximento.

Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nas delegacións da Consellería de Medio Ambiente e nas oficinas da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sita en San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1999.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural

ANEXO

Expediente sancionador: MP-150/98-C.

Artigo infrinxido: 432 do Regulamento de montes.

Contía da sanción: noventa e oito mil cincocentas cincuenta (98.550) pesetas.

Denunciado: José Mª Castro Tato.

DNI: 76.451.638.

Último enderezo coñecido: Porto, 43-Conxo, Santiago de Compostela (A Coruña).