Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 09 de novembro de 1999 Páx. 13.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 3 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador Secretaría 97/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notíficase á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do expediente sancionador instruído por esta delegación provincial, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo dun mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Socias.

Expediente sancionador: Secretaría 97/1999.

Denunciado/a: Carmen Nantón Moreira.

DNI/CIF: 76.291.706.

Derradeiro enderezo coñecido: Estrella, 34-36, A Coruña.

Procédase á declaración da non existencia de infracción ou responsabilidade.

A Coruña, 3 de setembro de 1999.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña