Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 09 de novembro de 1999 Páx. 13.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto de parque eólico Álabe-Lomba. (Expediente 037-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, os decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 polo que se regula o aproveitamento de enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Proxecto sectorial.

-Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto de parque eólico Álabe-Lomba.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Acciona Eólica de Galicia, S.A., Avda. de Europa, 18, Parque Empresarial La Moraleja, 28108 Alcobendas (Madrid).

Situación: concellos de Muras (Lugo) e de Abadín (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.612.800, 4.810.360), V(0.614.180, 4.812.000)

V(0.613.700, 4.812.700), V(0.614.936, 4.812.941)

V(0.615.630, 4.812.240), V(0.614.444, 4.812.105)

V(0.614.444, 4.811.600), V(0.616.210, 4.811.600)

V(0.615.210, 4.810.950), V(0.615.043, 4.810.900)

V(0.614.224, 4.811.115), V(0.614.100, 4.810.600)

V(0.613.750, 4.810.210), V(0.613.910, 4.809.965)

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 31.

-Potencia nominal unitaria: 750 kW.

-Potencia total instalada: 23,25 MW.

-Tipo de aeroxerador: NEG-MICON NM750/44.

-Producción neta anual estimada: 74.979 MWh/ano.

-Orzamento total: 3.104.661.987 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-31 aeroxeradores tipo NEG-MICON NM750/44 de 750 kW de potencia nominal unitaria.

-31 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxías a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recolla de media tensión.

-5 centros de recolla de media tensión para optimización de transporte de enerxía dotados cada un de transformador para servicios auxiliares e da súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de recolla de media tensión e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico Álabe-Lomba, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25/27 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,38 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Afección a predios particulares:

(S.E.) Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

(S.P.) Servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipamentos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo comprendendo a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e as instalacións.

(S.V.) Servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

(P.E.) Superficie de protección eólica afectadas pola seguinte limitación de dominio.

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 metros (construccións, árbores, postes ou outros).

(O.T.) Ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para

que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta delegación provincial sita no edificio administrativo Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo, no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Álabe-Lomba poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo, e concellos de Muras e Abadín, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Cómpre facer constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, cando, tentada a notificación, non se puidese realizar.

Lugo, 28 de outubro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Parque eólico Álabe-Lomba. Termo municipal de Muras

PredioPropietarioAfección (m)

Nº en

plano

Usos do

solo

Lugar

Nome

Enderezo

S.E.

S.P.

S.V.

P.E.

O.T.

(*)

17Monte baixoO CasteloAntonio MarchalA Regueira Andrade, s/n, Pontedeume,

15600 A Coruña

0,001.282,820,000,00235,17

18Monte baixoCoto XistralM.V.M.C. de Viveiró

Presidente: Jorge Rodríguez Vázquez

Porto do Rego nº 5, Viveiró-Muras, 27836 Lugo0,007.816,200,000,004.476,93

19Monte baixo

Pasteiro

A VesíaM.V.M.C. de A Balsa

Presidente: José Trastoy Reigosa

Hidroener, S.A. (dereito de superficie)

Funcaixeira-A Balsa-Muras, 27836 Lugo

r/ Ribadeo, 2, entreplanta, 27002 Lugo

33.484,96

5.826,11

125.651,96

11.727,54

32.732,57

3.990,72

163.920,50

21.085,53

71.110,13

4.551,73

(1)

(1)

53Monte baixoLombo do

Madeiro

José Villares CarballidoVilariño-A Balsa-Muras, 27836 Lugo0,0099,510,00620,290,00

54Monte baixoLombo do

Madeiro

Tomás Camba CarballidoOrxás-A Balsa-Muras, 27836 Lugo0,0049,32336,472.033,22120,69

55Monte baixoLombo do

Madeiro

María López Rodríguez

José López Rodríguez

Vilariño-A Balsa-Muras, 27836 Lugo

Pau Clari nº 77, baixos, 08010 Barcelona

2.187,503.865,992.712,0410.698,473.598,46

57Monte baixoLombo do

Madeiro

Delfina Reigosa Graña

José Reigosa Graña

A Ponte-A Balsa-Muras, 27836 Lugo

Otger nº 17-2º 2ª, 08914 Badalona

0,000,000,00580,860,00

58Monte baixoLombo do

Madeiro

Adelina Seoane López

José Manuel Seoane López

As Campas-San Simón da Costa-Vilalba,

27816 Lugo

Azor nº 1, 27003 Lugo

0,000,000,00484,220,00

60Monte baixoLombo do

Madeiro

Antonio Camba Lozano

María López Rodríguez

Consuelo Lozano Freire

Paulino Lozano Cabana

Jesús Lozano Cabana

Divina Lozano Cabana

Josefa Cabana Freire

Bustate-A Balsa-Muras, 27836 Lugo

Vilariño-A Balsa-Muras, 27836 Lugo

Carballo Torto-San Simón da Costa-Vilalba, 27816 Lugo

Carballo Torto-San Simón da Costa-Vilalba, 27816 Lugo

Merlos-San Simón da Costa-Vilalba, 27816 Lugo

Mourente-Vilalba, 27810 Lugo

Carballo Torto-San Simón da Costa-Vilalba, 27816 Lugo

756,17

1.109,31

1.075,47

4.030,26

673,82

61Monte baixoLombo do

Madeiro

Piedad Seijas CaoO Cadramón-O Valadouro, 27770 Lugo0,00454,53291,784.254,29379,05

62Monte baixoLombo do

Madeiro

Primitiva López OrosaO Alto-A Balsa-Muras, 27836 Lugo654,582.583,091.053,562.845,421.414,31

64Monte baixoBarreira

Branca

Descoñecido1.456,40802,66971,936.397,581.026,57

PredioPropietarioAfección (m)

Nº en

plano

Usos do

solo

Lugar

Nome

Enderezo

S.E.

S.P.

S.V.

P.E.

O.T.

(*)

74Camiño existenteDescoñecido0,0012.435,160,000,000,00

(1) Expropiación do dereito de superficie constituído a favor de Hidroener, S.A.

S.E.: superficie expropiación S.P.: servidume paso S.V.: superficie voo P.T.: superficie protección eólica O.T.: ocupación temporal

Parque eólico Álabe-Lomba. Termo municipal de Abadín

PredioPropietarioAfección (m)

Nº en

plano

Usos do

solo

Lugar

Nome

Enderezo

S.E.

S.P.

S.V.

P.E.

O.T.

(*)

65Monte baixoAira VellaM.V.M.C. de Montouto

Presidente: Jesús Vizoso Coira

Hidroener, S.A. (dereito superficie)

Ponte nº 2-Montouto-Abadín,

27737 Lugo

r/ Ribadeo, 2-entreplanta, 27002 Lugo

0,00652,940,000,000,00(2)

(2) Expropiación do dereito de superficie constituído a favor de Hidroener, S.A.

S.E.: superficie expropiación S.P.: servidume paso S.V.: superficie voo P.T.: superficie protección eólica O.T.: ocupación temporal