Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 09 de novembro de 1999 Páx. 13.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se modifican as condicións de inclusión no réxime especial do parque eólico denominado Monte Vilalbesa. (Expediente 8-1/1997).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Energías Ambientales, S.A. (Easa), con enderezo para efectos de notificacións en Bugallal Marchesi 10, 1º Esq., 15008 A Coruña, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Monte Vilalbesa, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito:

Primeiro.-O 16 de novembro de 1997, esta dirección xeral resolveu recoñece-la condición de instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica ó abeiro do previsto no Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, ó parque eólico denominado Peña dos Ladrós, de 15 MW.

Segundo.-O 22 de abril de 1999, Leopoldo Iglesia Lachica, en nome e representación de Easa, solicitou a autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial e modificación das condicións de inclusión no réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Monte Vilalbesa (antes Peña dos Ladrós), de 22,2 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía elécrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Terceiro.-O proxecto someteuse a información pública por Resolución do 26 de abril de 1999, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, xa citado. A devandita resolución publicouse nos seguintes medios: DOG do 4-5-1999, BOP

do 6-5-1999 e Ideal Gallego do 30-4-1999 e a corrección de erros da citada resolución: DOG do 12-5-1999, BOP do 14-5-1999 e Ideal Gallego do 8-5-1999.

Cuarto.-Cumpridos os prazos de información pública, non se recibiron alegacións.

Quinto.-O 29 de setembro de 1999, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeConcelloVértices

XY

Monte VilalbesaAs Somozas0.588.6374.821.748
0.588.6374.820.914
0.589.2464.819.357
0.590.6874.818.900
0.591.7294.818.900
0.591.7294.820.281
0.590.8384.820.704
0.590.3564.819.513
0.589.7034.819.737
0.589.6014.821.291

Nº de aeroxeradores: 37.

Potencia unitaria por aeroxerador: 600 kW.

Potencia total instalada: 22,2 MW.

Producción anual estimada: 51.060 MWh/ano.

Investimento previsto: 3.211.570.000 ptas.

Sexto.-O 2 de setembro de 1999, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizarlle a Easa a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Monte Vilalbesa, que se situará no concello das Somozas.

2. Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

3. Modifica-las condicións de inclusión no réxime especial da dita instalación, ó ampliarse a potencia

de 15 MW a 22,2 MW. Inclúese a instalación no grupo b.2 do artigo 2 do R.D. 2818/1998.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Easa, para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 64.231.400 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A devandita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, apartado 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan haberán de realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 3.211.570.000 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta dirección xeral. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Easa no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 2 de setembro de 1999, así como aquelas que no seu

día se emitan consonte o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, polo incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria