Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 09 de novembro de 1999 Páx. 13.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/254-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Caraveles e Cabanela.

Situación: Rois.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, en conductor LA-56. De 1.905 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T.A. Xallas e final no C.T.A. Cabanela. De 32 m de lonxitude con orixe no apoio nº da liña anterior e final no C.T.A. Xallas existente. Liñas aéreas de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. De 520 m de lonxitude, con orixe no C.T.A. Xallas. De 65 m de lonxitude, con orixe no C.T.A. Cabanela. Rois.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de setembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña