Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 09 de novembro de 1999 Páx. 13.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de outubro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, por resultar descoñecido o seu domicilio, proposta de resolución do expediente sancionador VP-C 19/1999.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle á interesada a proposta do correspondente expediente sancionador, co número que se indica, por non cumpri-la orde de obras dada, causa prevista no artigo 5.E da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Á dita infracción a instructora do expediente propón a sanción de multa de 400.000 ptas. sen prexuízo do obrigado cumprimento da orde de obras dada.

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, déselle traslado á interesada concedéndolle un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que considere pertinentes. Esta proposta non é susceptible de recurso.

E para que conste e lle sirva de notificación á interesada, de enderezo descoñecido en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 15 de outubro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 19/1999.

Nuria Espantoso Hermida.

Avda. A Solana, 96-98-1º C.

Narón.