Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 09 de novembro de 1999 Páx. 13.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1999 pola que se anuncia concurso público aberto urxente para a contratación da asistencia técnica para a realización de auditorías para o Igape.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación da asistencia técnica para a realización de auditorías para o Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n. 15703 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 11 01, fax: 981 54 11 20.

b) Número de expediente: CP nº 28/99.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica para a realización de auditorías para o Igape.

Prazo de execución: segundo oferta técnica, cos máximos establecidos para cada unha das actividades incluídas no obxecto de contratación no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 18.000.000 de ptas. (dezaoito millóns de pesetas), IVE incluído, coa seguinte desagregación por actividades.

a) Revisión limitada exercicio 1998: 6.500.000 pesetas, IVE incluído.

b) Inventario físico inmobilizado: 2.500.000 ptas., IVE incluído.

c) Asesoramento contable: 2.000.000 de ptas., fixándose un orzamento máximo de 10.000 ptas., IVE incluído, por hora de servicios.

d) Auditoría financeira exercicio 1999: 4.000.000 de ptas., IVE incluído.

e) Auditoría financeira exercicio 2000: 3.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 360.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 11 20.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado presentaranse no Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do segundo día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 11 horas do oitavo día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas, na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica