Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 13 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador OU 44/99C (caza-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo).

Noméase instructora do expediente a Miriam López Areal, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para poderán examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, formular alegacións, achega-los documentos que consideren convenientes na súa defensa e propoñer probas concretando os medios de que pretendan valerse.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o esta

blecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 13 de setembro de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 44/99C.

Denunciado: Nilo López Conde.

DNI: 34.954.511.

Último enderezo coñecido: rúa San Paio, 18-3º, Ourense.

Feito denunciado: deixar ceibos durante máis de 50 minutos dous cans de caza, razas sabuxo e grifón, en terreos cinexéticos, en época de veda.

Preceptos infrinxidos e sancionadores: artigo 58.17º da Lei de caza de Galicia.

Sanción: de 100.001 a 1.000.000 de pesetas e retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela dun ano e un día a cinco anos.