Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 13 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación do expediente sancionador OU 177/99P, por infracción da Lei de pesca fluvial (pesca-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora do expediente a Miriam López Areal, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para poderán examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa, e, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exer

cicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 13 de setembro de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 177/99P.

Denunciado: Carlos Pereira Iglesias.

DNI: 34.934.121.

Último enderezo coñecido: Cinconogueiras, s/n. A Peroxa (Ourense).

Feito denunciado: pescar dúas troitas de dimensións inferiores ás legais e negarse a entregalas.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: multa de 25.000 pesetas.

Instructora: Mirian López Areal.