Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente C.P. 1/1999-S.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para o cumprimento do previsto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde. Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n (27004) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministración. Teléfono: 982 29 65 32, Fax: 982 21 29 24.

c) Número do expediente: C.P. 1/99-S.

2. Obxecto da contratación:

a) Tipo de contrato: contrato de servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de recepción, descarga, almacenaxe, traslado e posterior distribución desde o almacén ás distintas unidades do complexo hospitalario de tódalas mercadorías e productos do hospital, segundo se describe no prego de prescricións técnicas.

c) Lotes: un único lote.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 149, do 4 de agosto de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: orzamento mensual de dous millóns trescentas cincuenta mil pesetas (2.350.000 ptas.) IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 15 de setembro de 1999.

b) Contratista: Severiano Gestión, S.L. La Balsa s/n. 15320 As Pontes. A Coruña.

c) Importe da adxudicación: dous millóns trescentas vintedúas mil novecentas pesetas (2.322.900 ptas.) IVE incluído, para un período de dous meses.

Total da adxudicación do contrato: catro millóns seiscentas corenta e cinco mil oitocentas pesetas (4.645.800 ptas.) IVE incluído.

Lugo, 15 de setembro de 1999.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde Lugo