Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ABEGONDO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Abegondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adaptación das normas subsidiarias do Concello de Abegondo á Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e redacción do correspondente Plan xeral de ordenación municipal para o termo municipal de Abegondo.

b) Lugar de execución: Concello de Abegondo.

c) Prazo de execución (meses): once.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total, trece millóns cincocentas seis mil cincocentas sesenta e dúas pesetas. (13.506.562), IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 270.131 pesetas.

b) Definitiva: 540.262 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Abegondo.

b) Enderezo: San Marcos s/n.

c) Localidade e código postal: 15318 Abegondo.

d) Teléfono: 981 64 79 96.

e) Fax: 981 67 30 50.

7. Clasificación do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 26 días naturais, contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG, en horario de 9 a 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en tres sobres pechados.

Sobre A, subtitulado «Oferta económica», conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que figura na cláusula 13.1º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Sobre B, subtitulado «Documentación acreditativa da personalidade do contratista», conterá a documentación esixida na cláusula 13.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Sobre C, subtitulado «Documentación complementaria», conterá a documentación esixida na cláusula 13.3º e das referencias técnicas necesarias para acredita-los extremos que se valorarán dentro dos criterios de selección contidos na cláusula 16 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Abegondo (rexistro xeral).

2ª Enderezo: San Marcos, s/n.

3ª Localidade e código postal: 15318 Abegondo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir da apertura das proposicións (artigo 90 LCAP).

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o quinto día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

b) Hora: ás 12 horas.

10. Criterios de adxudicación do concurso.

Os regulados na cláusula 16 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncio.

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

12 Exposición dos pregos de cláusulas administrativas particualres e de prescricións técnicas.

Poderanse examinar na Secretaría do Concello, e presentarse alegacións no prazo de 8 días hábiles contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, de conformidade co previsto no artigo 122.1º do R.D. lexislativo 781/1986, do 18 de abril, aprazándose a licitación, cando resulte necesario, no caso de que se formulasen reclamacións contra eles.

Abegondo, 1 de outubro de 1999.

José Antonio Santiso Miramontes

Alcalde