Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 21 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador OU 149/98P (pesca-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia número 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados, que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999,

de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 21 de xullo de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 149/98-P.

Denunciado: José Blanco Rodríguez.

DNI: 34.590.149.

Último enderezo coñecido: Avda. de Portugal, 160, Ourense.

Feito probado: non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola consellería.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: leve.

Sanción: 10.000 ptas.