Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador E.N. 43 e 46/1999 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación do expediente sancionador, por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mª Asunción Buceta Canay.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, presenta-los documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndoos de que, de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, se se dan os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Pontevedra, 4 de outubro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: E.N. 43/1999.

Denunciado: Santiago Sanz Bartolomé.

Último enderezo coñecido: r/ Ibiza, 29. Madrid.

Feito denunciado: circular cun vehículo estacionándoo nas dunas sitas ó carón do estacionamento norte da praia da Lanzada, alterando as condicións dun espacio natural protexido, Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Lagoa Bodeira e Punta Carreirón. Feitos denunciados ás 18 horas do día 22 de agosto de 1999.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38.2º a Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 ptas.

Expediente: E.N. 46/1999.

Denunciado: Santiago Sanz Bartolomé.

Último enderezo coñecido: r/ Ibiza, 29. Madrid.

Feito denunciado: circular cun vehículo estacionándoo nas dunas da Lanzada, alterando as condicións dun espacio natural protexido, Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada e Punta Carreirón. Feitos denunciados ás 18.50 horas do día 26 de agosto de 1999.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 25.000 ptas.