Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador secretaría 138/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se menciona o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Pro

vincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2º do Real decreto 1398/1993 do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de dez días para presentar alegacións; no caso de non presentalas segundo o artigo 13.2º do dito regulamento 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador: Secretaría 138/1999.

Denunciado: Panadería Santa Margarita, S.L.

DNI/CIF: B-15.584.782.

Derradeiro enderezo coñecido: polígono de Pocomaco, parcela, G-13. Nave II. A Coruña.

Cualificación da infracción: grave.

Importe da sanción: 1.000.000 de ptas.

A Coruña, 9 de setembro de 1999.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña