Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 16 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador secretaría 87/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se menciona a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo dun mes para presentar recurso de alzada perante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente sancionador: Secretaría 87/1999.

Denunciado: Julio Freire Díaz.

DNI/CIF: 32.818.303V.

Derradeiro enderezo coñecido: Brea-Guísamo, 8. Bergondo.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: vintecinco mil pesetas.

A Coruña, 16 de setembro de 1999.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña