De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se menciona a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 114 e 115
da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo dun mes para presentar recurso de alzada perante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.
Expediente sancionador: Secretaría 66/1999.
Denunciado: Manuel Guntín Rodríguez.
DNI/CIF: 34.618.804.
Derradeiro enderezo coñecido: Barrera, 1. A Coruña.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: vintecinco mil pesetas.
A Coruña, 16 de setembro de 1999.
Manuel Barral Castro
Delegado provincial da Coruña