Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.957

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 1 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Morada, 4810.

A Delegación Provincial de Ourense dá a coñecer que José Ramón Rodríguez González, en representación de Explotaciones Graor, S.L., con domicilio en Ourense, r/ Ervedelo, 30-3º A, presentou nesta delegación provincial, o 29 de agosto de 1997, instancia-solicitude do permiso de investigación Morada 4810, de 28 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, nos concellos de Melón (Ourense) e A Cañiza (Pontevedra) e ó que lle correspondeu o nº 4810 da provincia de Ourense.

A designación do terreo é a seguinte:

Lonxitude Latitude

Vértice 18º 15' 20''42º 15' 20''

Vértice 28º 13' 00''42º 15' 20''

Vértice 38º 13' 00''42º 14' 00''

Vértice 48º 15' 40''42º 14' 00''

Vértice 58º 15' 40''42º 14' 20''

Vértice 68º 15' 20''42º 14' 20''

Vértice 78º 15' 20''42º 14' 40''

Vértice 88º 15' 00''42º 14' 40''

Vértice 98º 15' 00''42º 15' 00''

Vértice 108º 15' 20''42º 15' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, agás mellor dereito, e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles, nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá oposición ningunha.

Ourense, 1 de outubro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense