Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a contratación de servicios para a realización da Campaña Concertada para o Nadal 99.

Obxecto: contrato de servicios para a realización da Campaña Concertada para o Nadal 99 destinada á terceira idade. Dentro desta campaña distínguense tres lotes: programa Ningún residente sen agasallo, programa Nadal entre amigos e programa Ás portas do 2000.

Orzamento máximo: 27.000.000 de ptas. (IVE incluído).

Lote I: 9.950.000 ptas.

Lote II: 12.300.000 ptas.

Lote III: 4.750.000 ptas.

Prazo de execución: 1 mes.

Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso público polo trámite de urxencia.

Garantía provisional: 2% da totalidade ou de cada un dos lotes ós que se concorra.

Clasificación requirida: no caso de presentarse á totalidade da campaña ou a lotes que no seu conxunto acaden un orzamento de licitación igual ou superior a 20.000.000 de ptas: grupo III, subgrupo 8, categoría D.

Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Subdirección Xeral de Administración e Inspección, da Dirección Xeral de Ser

vicios Sociais, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais ás 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Variantes: non se admiten.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1999.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais