Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente P-12/1999, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgá

nica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa de Galicia. De non facelo dentro prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla nº 70-1ª planta.

Lugo, 2 de setembro de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-12/1999.

Denunciado: Rubén Gaspar Pombar.

DNI: 44.476.322.

Enderezo: r/ Otero Pedrayo-Edf. Michelín, nº 14-3º A, Ourense.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana en zonas ou lugares de uso prohibidos, ó encontrarse no río Miño, marxe dereita, 100 m augas arriba da desembocadura do río Enviande, infrinxindo o disposto no anexo V da orde de vedas do 14-1-1998 (DOG do 3 de febreiro). Feitos constatados o día 7-2-1999 en Taboada.

Precepto sancionador: artigo 34.6º da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Artes comisadas: unha cana e un carrete atópanse depositados nas dependencias da Delegación Provincial de Medio Ambiente de Lugo.