Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización de parcela situada nas rúas Amado Carballo, José Malvar Figueroa e rúa de nova apertura, formulado por Os Regos Promociones Inmobiliarias, S.L.

A Comisión de Goberno, en sesión do día once de outubro de mil novecentos noventa e nove, acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización da parcela situada nas rúas Amado Carballo, José Malvar Figueroa e rúa de nova apertura sobre a que se aprobou un estudio de detalle entre a rúa Amadao Carballo e a unidade de actuación nº 9, aprobado por acordo plenario de 29-1-1998, sendo formulado este proxecto de urbanización, mediante iniciativa particular, por Os Regos Promociones, S.L., coa denominación de proxecto refundido de obra ordinaria e redactado polos arquitectos Ignacio e José A. Hermo Túñez con visado da delegación en Pontevedra do COAG do 1-7-1999, documento de carácter integrador daquel incialmente aprobado na sesión do 31-5-1999, e composto do documento con visado do 10-3-1999 e 12-4-1999, e informe da compañía adxudicataria do servicio municipal de augas Aquagest, do día 8-4-1999, desestimándose, por conseguinte e por ese acto, as reclamacións formuladas

durante o período de información pública do expediente, subseguinte á súa aprobación inicial por esta Comisión de Goberno, por Adolfina Nantes Gil e Luis Ruibal Solla, en función das motivacións e antecedentes de feito expostos, que se incorporan a ese acto, nos termos do artigo 89.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administativo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Con

tencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, podéndose entón interpoñeren recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso os interesados coiden procedentes consonte a dereito.

Pontevedra, 20 de outubro de 1999.

P.D.

Xosé Cesario Mosquera Lorenzo

Tte. alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental