Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O alcalde dictou, con data do 4 de outubro, o seguinte decreto:

Visto o expediente (IV-11/1998) relativo a un estudio de detalle promovido pola empresa Zelnova, S.A. e redactado polo arquitecto Marcos Fernández Álvarez-Santullano, e visado o 11 de marzo de 1999, modificado pola documentación tamén visada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (Vigo) o 6 de xullo de 1999. Constan dilixencias na documentación.

Tendo en conta que no expediente constan informes do arquitecto técnico municipal e do secretario da corporación.

Considerando o disposto nos artigos 30, 34.2º e 44 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, os artigos 65 e 66 do Regulamento de planeamento urbanístico e os artigos 21.1º j) e 22.2º c) da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local.

Vistos os antecedentes e preceptos referidos e demais concordantes, esta alcaldía resolve:

a) Aprobar inicialmente o estudio de detalle referido.

Deberá concretarse a correspondencia dos planos P-3 co P-2 nos termos do informe do arquitecto técnico municipal.

Esta aprobación determina, por si soa, a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias no ámbito do estudio de detalle.

b) Somete-lo expediente completo a información pública durante un mes mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos xornais de maior circulación na provincia.

No indicado prazo, que se computará a partir da publicación no DOG, o expediente queda exposto na secretaría do concello tódolos días hábiles, das 9 ás 14 horas, podendo presentarse alegacións e reclamacións ó estudio de detalle aprobado inicialmente.

O Porriño, 4 de outubro de 1999.

José Manuel Barros González

Alcalde