Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto nos artigos 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 128 do Regulamento de planeamento, faise público que o Concello Pleno, en sesión do 20 de outubro de 1999, prestou aprobación inicial ó expediente de modificación puntual nº 2 do vixente Plan xeral de ordenación urbana: zonas de Piñeira e Vilaselán.

Durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio, o expediente queda sometido a información pública, podendo examinarse nas oficinas municipais e presentar, se ó caso, as alegacións que se consideren oportunas.

De mesmo xeito e segundo o disposto nos artigos 94 da Lei 1/1997, do solo de Galicia e 117 e seguintes do Regulamento de planeamento faise público que, en virtude do devandito acordo plenario, queda suspendido o procedemento de outorgamento de licencias urbanísticas na zona da parroquia de Piñeira afectada pola recualificación, cunha extensión de 235.000 m conforme a delimitación gráfica que consta no expediente.

Ribadeo, 21 de outubro de 1999.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde