Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1999 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto a contratación das obras incluídas de aforro de

enerxía en instalacións de luz pública municipais (1ª fase).

Tipo de licitación: 29.000.116 ptas. (IVE incluído).

Prazo de execución: o prazo de execución das obras será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14 dentro do prazo de trece días naturais, contados desde a última das publicacións que corresponde facer no DOG e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 33 85.

Clasificación do contratista: I.1.e.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 14 do prego de condicións.

Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación. Definitiva: 4% do tipo de licitación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (secretaría) ás 12 horas, o día seguinte hábil ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D... con domicilio en... rúa... nº... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº... actuando en nome propio (ou en representación de... DNI ou CIF nº... e domicilio... toma parte no concurso convocado polo Concello de Santiago de Compostela, para adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de... e para os efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de... ptas. que supón unha baixa de... ptas., con respecto ó tipo de licitación.

2) Que coñece e acepte cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións deste contrato.

3) Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En... o... de... de 1999.

O licitador (asinado e rubricado)

MODELO DE SOBRE

Proposición para tomar parte na contratación do concurso... presentada por...

En... o... de... de 1999

O licitador (asinado e rubricado)

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado