Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal de Valdoviño, en sesión que tivo lugar o día 24 de setembro de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto da modificación puntual nº 6 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Valdoviño, relativa á recualificación dunha parcela no Carballal para a instalación dunha estación de telefonía móbil.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Valdoviño, 6 de outubro de 1999.

José Antonio Rodríguez Fernández

Alcalde