Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización do segundo tramo da rúa do Cordón.

A Comisión de Goberno, en sesión do vintesete de setembro do 1999 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización do segundo tramo da rúa do Cordón, formulado, mediante iniciativa particular, por Promociones Abasot, S.L. e redactado polo arquitecto Óscar Pérez Paz, con visado da Delegación e en Pontevedra do COAG con data do 14-5-1999, dipoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (Fomento-rúa Dona Tareixa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 13 de outubro do 1999.

Ramimundo González Carballo

Alcalde accidental

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral