Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula o instructor dos expedientes sancionadores C-127/1998 e C-128/1998 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as propostas de resolución dictadas pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xullo, de caza de Galicia, se están tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 22 de setembro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-127/1999.

Denunciado: Manuel Cascallar Villadeamigo.

Enderezo: r/ Padre Sarmiento, 10-baixo, Vigo.

DNI: 33.151.959.

Feitos denunciados: practica-lo deporte cinexético da caza en terreo sometido a réxime cinexético especial (couto de caza PO-10.162) debidamente sinalizado, carecendo do recibo do couto anual, sen cobrar pezas de caza, ás 11.40 horas do día

12-11-1998, lugar Petán-O Couto PO-10.162-Monte Coto Grande, concello da Cañiza.

Data do acordo da incoación: 3-3-1999.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 27-7-1999.

Precepto infrinxido: 58.27º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 ptas., retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante un ano e un día.

Expediente: C-128/1998.

Denunciado: Eduardo Cascallar Fernández.

Enderezo: r/ Padre Sarmiento, 10-baixo, Vigo.

DNI: 36.110.157.

Feitos denunciados: practica-lo deporte cinexético da caza en terreo sometido a réxime cinexético especial (couto de caza PO-10.162) debidamente sinalizado, carecendo do recibo do couto anual, sen cobrar pezas de caza, ás 11.40 horas do día 12-11-1998, lugar Petán-O Couto PO-10.162-Monte Coto Grande, concello da Cañiza.

Data do acordo da incoación: 3-3-1999.

Alegación á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 27-7-1999.

Precepto infrinxido: 58.27º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 ptas., retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante un ano e un día.